- Atención ó cidadán
Información sobre materias competencia da Xunta de Galicia.
- Promoción económica e empresarial
Infraestructuras para as empresas galegas que desexen darse a coñecer en Madrid.
- Promoción cultural
Accións orientadas a promocionar a obra de artistas e intelectuais galegos.
A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis
Exposicións
Exposición de fotografía "ARQUITECTURAS DA ALMA", de Plácido L. Rodríguez.
O mércores, 11 de xaneiro, ás 20:00 horas, o fotógrafo Plácido L. Rodríguez inaugurou a exposición "ARQUITECTURAS DA ALMA". A mostra permanecerá na Casa de Galicia ata o luns, 30 de xaneiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Actualidade
A secretaria xeral de Sanidade, Pilar Farjas, presidiu na Casa de Galicia en Madrid a clausura do Ciclo de conferencias Medicina e Saúde
- O cardiólogo, membro da Real Academia de Medicina de Galicia e presidente de Asomega, Francisco R. García Fernández, ofreceu a conferencia "A medicina do corazón no século XXI. Avances en cardioloxía"
- "Todos os factores de risco vascular poden dar a cara nunha revisión antes de provocar un desastre", advirte García Fernández, último conferenciante do Ciclo
A Casa acolleu a`presentación en Madrid da XLIV edición da Feira do Cocido de Lalín que se celebrará o día 12 na bisbarra
-A delegación da Xunta en Madrid acolleu esta mañá a presentación da XLIV Edición do Cocido de Lalín na que interviñeron o delegado e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; o alcalde do concello, José Crespo Iglesias; o concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández; o presidente da Academia Española de Gastronomía, Rafael Ansón Oliart e o restaurador, Manuel Domínguez Limeres. Ao acto asistiron tamén os empresarios Fernando Fernández Tapias, Julio Lage, José Solla; os xornalistas e escritores Pilar Cernuda e Carlos Reigosa; e o reverendo Andrés Ramos, entre outros.
La Casa de Galicia en Madrid acoge la presentación de la firma gallega Summum Delicatessen
La Casa de Galicia-Delegación de la Xunta de Galicia en Madrid, acogió hoy la presentación de la firma gallega Summum Delicatessen (www.summumdelicatessen.com) y los productos gourmet de Galicia que comercializa, en especial las novedosas conservas de pez espada elaboradas por la Organización de Palangreros Guardeses, Orpagu Gourmet.
Cerca de un centenar de persoas acuderon a Casa para disfrutar da lectura dramatizada de "O incerto señor don Hamlet, Príncipe de Dinamarca", de Álvaro Cunqueiro
Preto dun centenar de persoas acudiron á Casa deGalicia en Madrid para gozar de "O INCERTO SEÑOR DON HAMLET. PRÍNCIPE DE DINAMARCA", escrita por un dos máis célebres autores galegos, Álvaro Cunqueiro, que tomou o mito de Hamlet e o reinterpretou fundindo o mito nórdico de Hamlet co clásico de Edipo e adaptándoo á sociedade actual. Foi nunha lectura dramatizada, en galego, fiel ao texto do autor, dirixida por Mercedes Castro e na que participaron Antón Belmonte, Uxía Gonzálvez, Mikel Insua, Berta Ojea, Pablo Paz, Alber ponte e María Vázquez.